xornadas zocamiñoca
XORNADA COOPERATIVISMO E AUTOXESTIÓN
Data: sábado 17 de Outubro 2015

Lugar: Centro Cívico de Eiris

Rúa Terranova de Eirís, 7 (a 8 minutos a pé de Zocamiñoca).

Horario: 10 – 14 e 16 a 20. Xantar de 14 a 16 no local de Zocamiñoca

Cooperativa de Consumo Responsábel Zocamiñoca , co apoio de Sinerxia, organiza para o sábado 17 de outubro unha xornada sobre cooperativismo e autoxestión à que convida a todas as persoas interesadas.

 

Os obxectivos principais desta xornada son:

  • Coñecer as experiencias doutras cooperativas de consumo
  • Compartir espazos de convívio cara a cohesión das socias de Zocamiñoca
  • Crear propostas reais cara ao Plan de Acción da cooperativa

PROGRAMA

10h – 14h: Exposición das cooperativas de consumo L’Aixada de Barcelona http://aixada.org/) , La Garbancita Ecológica de Madrid http://www.lagarbancitaecologica.org/) e Zocamiñoca, (http://www.zocaminhoca.org/) en base as seguintes cuestións:

  • Estratexias de participación

  • Estratexias de comunicación.

  • Estrutura organizativa.

  • Acollemento novas socias

14h – 16h: Xantar Vegano a cargo da iniciativa de socias da cooperativa “A Factoría Verde” no local de Zocamiñoca (a un coste de 5€)

16h – 20h: Espazo Aberto (Traballo interno para socias de Zocamiñoca)

Tes propostas de futuro para Zocamiñoca? Algunha idea que pensas sería de utilidade à cooperativa? Algo que che preocupa e precisas explorar con outras socias? Durante a segunda parte da Xornada, daremos espazo e tempo aos retos e dificuldades coas que nos enfrentamos na atualidade. A técnica que utilizaremos, o Espazo Aberto, ten como obxectivo xerar unha serie de propostas reais coas que iniciar a acción con confianza e responsabilidade. Compartiremos ideas e experiencias nun ambiente cálido e seguro onde non faltará café, té e boliños para todas.

http://www.zocaminhoca.org/zocaweb/index.php/98-actividadesinternas/522-xornadasautoxestion

Evento en Facebook